A Xunta participa na XVIII Feira do Queixo e Pan de Ousá
2022-03-20
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2022/Marzo/semana-04/20220320 DXF e delegado Feira Queixo Friol 01.jpg
Friol (Lugo), 20 de marzo de 2022
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou hoxe na celebración da XVIII Feira do Queixo e Pan de Ousá, no concello de Friol. No encontro participaron centos de persoas que puideron degustar algunha das mostras gratuítas ofertadas por preto de 90 queixerías e cinco panaderías da zona.
O eixo principal da feira volveu situarse como en anos anteriores na praza Andón Cebreiro para a exposición de produtos. Ao redor da carpa sitúanse outros postos de venta dos diferentes produtos agroalimentarios do municipio e tamén produtos artesanais e do téxtil.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade