A Xunta organiza o XII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos

Máis de 30 expertos internacionais debaterán sobre o Camiño de Santiago desde a perspectiva do peregrino medieval ata a actualidade entre o 22 e o 26 de marzo

Tamén se analizarán o Códice Calixtino, os contidos do Museo da Catedral e a arte na Ruta Xacobea
 

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2022

O XII Congreso Internacional de Estudios Xacobeos, que se celebrará en Compostela do 22 ao 26 de marzo, analizará a evolución desde o peregrino medieval ata o viaxeiro moderno que fai o Camiño de Santiago na actualidade e narra a súa viaxe nas redes sociais.
Organizado pola Xunta, en colaboración co Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, o congreso reunirá a máis de 30 expertos de todo o mundo para analizar tamén a evolución do Camiño de Santiago nas últimas décadas en comparación con outras peregrinacións en América Latina, Xapón e outras partes do mundo.
El Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago celebra este congreso desde o ano 1993, especialmente con motivo dos anos santos, para poñer en valor o legado cultural, patrimonial e espiritual da peregrinación xacobea.
Nas sesións falarase tamén do Códice Calixtino, os contidos do Museo da Catedral, a arte na ruta xacobea e os retos de futuro para o Camiño de Santiago. Nesta edición encargaranse da coordinación do congreso Paolo Caucci Von Saucken, profesor da Univertità degli Studi de Perugia; e Manuel Castiñeiras, catedrático da Universitat Autònoma de Barcelona.
A xornada inaugural será o martes pola tarde, día 22 de marzo, ás 18.00 horas no Hostal dos Reis Católicos de Santiago, coa conferencia inaugural A Peregrinación no Medievo Global: de Finisterre a Xerusalén. Os asistentes ao congreso farán unha visita a Padrón o venres 26 de marzo.
Con motivo do Xacobeo 21-22, o Comité afronta un novo reto con este congreso, no que se pretende analizar o estado da peregrinación xacobea das últimas décadas en tres apartados fundamentais: o saber da investigación, o andar das redes de itinerarios e hospitais, e o crer da espiritualidade e as devocións do Camiño.

Imaxes relacionadas