A Xunta asina un acordo de colaboración coa Orde de Malta para a asistencia sanitaria aos peregrinos

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2022

O conselleiro de Sanidade e presidente da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Julio García Comesaña, e o delegado da Orde de Malta en Galicia, Enrique Marchesi-Herce y García San Martín, asinaron esta semana un acordo de colaboración para a posta en marcha dun dispositivo de asistencia sanitaria a peregrinos que realicen o Camiño de Santiago.

Ao acto, que tivo lugar en Santiago de Compostela, tamén asistiron a directora da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Adriana Regueira Pan, e o subdelegado da Orde de Malta en Galicia, Rafael Vidal Gómez de Travecedo.
 

Imaxes relacionadas