Trenor anuncia un investimento de máis de 2,5M€ para mellorar a accesibilidade do centro de atención a persoas con discapacidade da Coruña

O delegado da Xunta destacou que a Xunta está á espera da concesión de licenza municipal, solicitada hai máis dun ano, para licitar a obra e iniciar os traballos o máis pronto posible

A Coruña, 16 de marzo de 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá o Centro de Atención A Persoas con Discapacidade (CAPD) para anunciar un investimento de 2,5 millóns de euros para levar a cabo obras de mellora na súa accesibilidade. Concretamente, explicou o delegado o proxecto de accesibilidade abarca dous eixos de actuación: por unha banda as conexións entre os edificios para que os usuarios poidan desprazarse por todo o complexo comodamente e con protección, e doutra banda mellorarase a accesibilidade exterior a través de ramplas, e con espazo para desenvolver actividades ao aire libre. Contará tamén cunha zona de aparcamento con 80 prazas.

Neste senso, destacou que se trata dunha actuación enmarcada no plan de obras previsto por la Xunta para melloras en diferentes centros de servicios sociais da Coruña no que tamén se inclúe outro investimento de máis de 1,5 millóns de euros para realizar melloras na Residencia de Maiores, Torrente Ballester.

Trenor lembrou que o ano pasado este centro tamén recibiu un investimento de 400.000 para habilitar unha zona de arquivo e máis de 55.000 euros para a adecuación da cocina e instalación duna carpa exterior, entre outras actuacións.

O delegado da Xunta subliñou, na súa visita, que “a Xunta está a espera da concesión da licenza municipal, solicitada hai máis dun ano, concretamente o 20 de xaneiro de 2021. Tras cinco meses desde a primeira solicitude sen resposta o Concello pediu documentación, que foi remitida puntualmente, e desde o pasado 27 de decembro non temos ningunha nova nin a licenza, polo que non podemos iniciar esta obra tan necesaria para os usuarios e profesionais que a diario traballan no mesmo”.

Trenor instou ao Concello a revisar esta solicitude para tratar de axilizala o máximo posible. Nesta liña, subliñou que “a nosa intención é licitar, adxudicar e licitar a obra canto antes”.

O representante do Goberno galego lembrou os servizos que se prestan neste complexo, ademais dunha residencia de maiores con 85 prazas e un centro de día de 15 prazas e dun punto de encontro familiar dependentes da Consellería de Política Social, este espazo conta co centro de educación especial (CEE) María Mariño e cun edificio reservado para oficinas e talleres de ADACECO.

Imaxes relacionadas