O Sergas publica as puntuacións provisionais do proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario

Xeráronse un total de 20.571 inscricións

Resultan excluídas do proceso o 2,06% das solicitudes de participación

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2022

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, a relación provisional coa orde de prelación e a puntuación obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal nas categorías de celador, celador quenda de discapacidade intelectual, persoal técnico en farmacia, técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico superior en dietética, técnico superior en documentación sanitaria, técnico superior en hixiene bucodental, técnico superior en imaxe para o diagnóstico, técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico e persoal técnico superior en radioterapia.
No proceso xeráronse un total de 20.571 inscricións, resultando excluídas o 2,06% das solicitudes de participación. A categoría con maior número de solicitudes foi a de celador, con 11.559 inscricións. O 19,73% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso.
As listas atópanse publicadas está á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polas persoas aspirantes no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Próximas publicacións

Proximamente publicaranse as listas provisionais das seguintes categorías: persoal facultativo especialista de área de psicoloxía clínica, persoal farmacéutico de atención primaria, fisioterapeuta, logopeda, médico especialista en medicina do traballo, odontoloxía de atención primaria, terapeuta ocupacional e traballo social.

Imaxes relacionadas