O HULA acolle a mostra Operación Balmis, sobre o labor do exército durante o confinamento

Lugo, 14 de marzo de 2022

O Hospital Universitario Lucus Augusti acolle desde hoxe a exposición Operación Balmis sobre a actuación do Exército durante os meses do confinamento, no inicio do Estado de Alarma declarado en marzo do 2020. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, sinalou na inauguración que “é interesante lembrar como vivimos aquela etapa e decatarnos de todo o avanzado nestes dous anos”.

No acto participaron tamén a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o subdelegado de Defensa suplente en Lugo, José Antonio Bueno; a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez; a xefa territorial de Sanidade, Begoña Seco, e Ramón Ares, xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, entre outros. A mostra, de carácter itinerante e organizada pola Subdelegación de Defensa, permanecerá no HULA ata o día 18 de marzo.

 

Imaxes relacionadas