Feijóo asiste ao acto de homenaxe á Exemplaridade do Pobo da Palma presidido polas SS.MM. os Reis

Santa Cruz de La Palma (Santa Cruz de Tenerife), 12 de marzo de 2022

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, asistiu ao acto de homenaxe á Exemplaridade do Pobo da Palma en apoio aos afectados polo volcán, que estivo presidido polas SS.MM. os Reis.

Galicia súmase ao recoñecemento ao pobo de La Palma pola entereza coa que afrontaron a erupción do volcán de Cumbre Vieja e o esforzo co que están a levar a cabo a reconstrución.

 

Imaxes relacionadas