A Xunta colabora co concello de Sanxenxo na mellora das oficinas municipais ao abeiro da orde de infraestruturas de uso público

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, as melloras levadas a cabo para a prestación de servizos municipais, que con contou cunha axuda de máis de 40.000€

Sanxenxo (Pontevedra), 11 de marzo de 2022

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta de Pontevedra, Luis López, visitaron hoxe as melloras levadas a cabo no acondicionamento do baixo para ampliación das oficinas municipais, que contou cunha axuda da orde de infraestruturas de uso pública de máis de 40.000 euros.
A directora xeral explicou que o baixo conta con todas as instalacións e servizos, xa que foi acondicionado para as necesidades municipais, para albergar algún dos seus servizos, sendo necesario a dotación de máis despachos, a conexión do baixo co edificio principal do Concello, así como renovar e rematar parte das instalacións para adecualas ás novas necesidades.
Natalia Prieto incidiu que estas melloras e ampliación da casa consistorial redunda en beneficios para os veciños xa que, segundo explicou o alcalde, Telmo Martín, as propias oficinas municipais estaban quedando pequenas para levar a cabo toda a carga de traballo nos distintos departamentos, e así, con esta ampliación se axilizan e melloran os trámites municipais aos veciños e visitantes do Concello.
Nesta mesma liña, Natalia Prieto destacou o compromiso da Xunta por manter o apoio que precisan os municipios para levar a cabo actuacións que contribúan a mellorar a calidade dos seus veciños No caso do concello de Sanxenxo, o investimento do Goberno galego nos últimos anos en actuacións en infraestruturas, mellora ambientais, adecuación de parques infantís, restauración ambiental dos xardíns do Pazo de Quintáns, mellora medioambiental e do alumeado público do parque punta Vicaño, ou a semipeatonalización do paseo da praia de Silgar, entre outros.
A Xunta inviste este ano 3,5M€ na Orde de Infraestruturas de uso público destinada aos concellos galegos de menos de 30.000 habitantes para mellorar as infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, de forma individual ou compartida. Entre as actuacións subvencionables inclúense obras de instalación, ampliación e mellora das redes de alumeado público; a pavimentación de camiños públicos municipais; así como a construción, mellora e ampliación de parques infantís, dependencias municipais ou instalacións deportivas de uso público.

Imaxes relacionadas