Axentes da Policía Autonómica esclarecen un incendio que tivo lugar en Arnoia

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2022

Axentes do Grupo de Investigación da Unidade de Policía Autonómica de Ourense esclareceron un incendio que tivo lugar no concello de Arnoia (Ourense) o pasado 7 de marzo.

O lume afectou 0,13 hectáreas no lugar dos Chaos. No transcurso da investigación tomouse declaración a un varón como presunto autor do lume, xa que estaba a realizar unha queima sen as debidas medidas de seguridade, o que provocou que se propagara á finca lindeira.

Na extinción do incendio actuou un axente forestal, unha brigada e unha motobomba.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de garda de Ribadavia.

Nesta campaña anti-incendios forestais do 2022, un total de 9 persoas foron detidas/ investigadas pola Policía da Xunta de Galicia como presuntas autoras de incendios forestais.