Román Rodríguez salienta a importancia de fomentar a concordia e o diálogo desde as xeracións máis novas

O conselleiro de Cultura participa xunto ao hispanista Ian Gibson na apertura dunhas xornadas de reflexión e diálogo organizadas polo Casino de Santiago co apoio da Xunta

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou hoxe xunto ao hispanista Ian Gibson na apertura das Xornadas de Diálogo e de Concordia, organizadas polo Casino de Santiago co apoio da Xunta coa intención de fomentar a reflexión entre o gran público.
O titular de Cultura da Xunta puxo de manifesto a importancia de celebrar encontros como estes que contribúen a estender valores e fomentar o debate entre o gran público, desde as xeracións máis novas. Destacou a presenza de Ian Gibson como “un dos mellores e máis emblemáticos narradores da nosa historia recente” e de xeito especial referiuse ás súas investigacións sobre o poeta granadido Federico García Lorca, sobre o que impartiu a conferencia de hoxe.

O hispanista e escritor Ian Gibson -que mantivo ademais un encontro con alumnado de varios institutos de Santiago- inaugurou as xornadas nas que tamén participarán os vindeiros días Suso de Toro e Aníbal Malvar. Tamén se entregará o premio Lorca, Guerra da Cal, Blanco Amor a Ángel Gabilondo, Rui Río, Antón Costas e Caetano Díaz. Os galardoados protagonizarán unha mesa de diálogo o 15 no Auditorio Abanca e haberá un encontro de Antón Costas e Xosé Carlos Arias. A entrada ás charlas é libre.
 

Imaxes relacionadas