O 061 de Galicia asistiu 58 persoas por 44 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 4 de marzo ata as 23,59 horas do domingo, 6 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 57 chamadas por accidentes de tráfico

A Estrada (Pontevedra), 7 de marzo de 2022

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 58 persoas debido a 44 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 4 de marzo, ata as 23,59 horas do domingo, 6 de marzo. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 22 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 57 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 44 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 58 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 62% e do 38% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 43% dos atendidos tiña entre 30 e 44 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 19 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes
A Coruña
17
Lugo
9
Ourense
5
Pontevedra
13
Galicia
44

 


Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 60. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en nove accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 45 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco accidentes.

En 47 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 10 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.
Saúdos do Gabinete de Comunicación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061
 

Imaxes relacionadas