O 061 de Galicia asistiu 63 persoas por 50 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 25 de febreiro ata as 23,59 horas do domingo, 27 de febreiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 70 chamadas por accidentes de tráfico

A Estrada (Pontevedra), 28 de febreiro de 2022

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 63 persoas debido a 50 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 25 de febreiro, ata as 23,59 horas do domingo, 27 de febreiro. O sábado e o domingo foron os días nos que se rexistraron máis sinistros, con 18 accidentes de tráfico ambos os dous.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 70 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 50 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 63 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 59% e do 41% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 29% dos atendidos tiña entre 35 e 49 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 19 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

 

Provincia
Accidentes
A Coruña
18
Lugo
6
Ourense
7
Pontevedra
19
Galicia

50

 
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 69. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en nove accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu en dúas ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 50 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en oito accidentes.

En 53 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en nove ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

Imaxes relacionadas