A Xunta premia o traballo de dúas alumnas de Ribeira nun concurso de debuxo sobre o entroido seguro

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe o CEIP de Frións, onde entregou os galardóns a Clara Lucía Chouza e Paola Mariño, de 6º de Primaria

A iniciativa, impulsada polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia, busca potenciar o consumo responsable entre os máis novos

Ribeira (A Coruña), 25 de febreiro de 2022

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, acompañado pola xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), Sol Vázquez, visitaron hoxe o CEIP de Frións, en Ribeira, onde entregaron ás alumnas de 6º de Primaria Clara Lucía Chouza e Paola Mariño os galardóns como gañadoras do certame de debuxo Deseña o teu disfrace seguro.

A iniciativa, impulsada pola Xunta de Galicia a través do IGCC en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade, busca potenciar o consumo responsable entre os máis novos, concienciando neste caso sobre a seguridade dos produtos. A actividade levaba implícita a realización dunha xornada informativa nos centros escolares na que participaron preto de 1000 alumnos de toda Galicia, así como a realización dun traballo de debuxo por parte do estudantado de 6º de Primaria no que poñer en práctica os coñecementos adquiridos deseñando o seu propio disfrace seguro xunto coa súa etiquetaxe.

Presentáronse 243 debuxos de 19 centros educativos. Un xurado composto por técnicos de consumo e de educación, xunto coa presidenta do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, Celia Otero, elixiu os 25 gañadores: oito alumnos e alumnas da provincia da Coruña, oito de Pontevedra, cinco de Lugo, e catro de Ourense. Todos eles serán agasallados con 100 euros para mercar na librería da súa elección.

Traballos gañadores

O xurado, por unanimidade dos seus membros, decidiu que os traballos premiados son os seguintes:

- Brais Lorenzo Rodríguez, Lucía Lisbeth Tabi Pillajo e Zöe Coetzee Calviño, do CPR Plurilingüe Padre Feijoo-Zorelle (Ourense).
- Candela Couto García, do CEIP Plurilingüe Ribadavia (Ourense).
- Moraima Bagaría Vázquez, Martín Prados Méndez e Sheila García Paz do CEIP Albeiros (Lugo).
- Almendra Thais Ching Chafloque e Luana Thais Ching Chafloque, do CEIP Plurilingüe Lagostelle, en Guitiriz (Lugo).
- Alexandra Germade Espiño, do CEIP A Rúa de Cangas (Pontevedra).
- María Ferreiro Pérez, do CEIP de Lourido de Poio (Pontevedra).
- Naima Valenzuela de Carvalho e Victoria Costal Gómez, do CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón das Neves (Pontevedra).
- Carlota Covelo Torres e Naiara Castro Castro, do CPR San José (Pontevedra).
- Paula Comesaña Balbuena e Amaia Rodríguez Trabazo, do Colegio Estudio de Chandebrito de Nigrán (Pontevedra).
- Alejandra Gonzalo Santiago, Martina Alonso Martín e Zaira Canicova Rial, do CEIP Lamas de Abade de Santiago (A Coruña).
- Celia Queiro Tajes e Carmen Christensen López, do CPR María Assumpta de Noia (A Coruña).
- Ariadna Iglesias Uría, do CEIP de Pazos de Ferrol (A Coruña).
- Clara Lucía Chouza Sampedro e Paola Mariño Romero, do CEIP Frións de Ribeira (A Coruña).

Imaxes relacionadas