Fabiola García visita a futura residencia para persoas maiores da Estrada

A Estrada (Pontevedra), 22 de febreiro de 2022

A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañada do alcalde da Estrada, José López, visitou a futura residencia que se poñerá en marcha no municipio pontevedrés e que está a construír Geriolveira.
En concreto, o centro emprazarase na rúa da Cultura fronte ao Instituto de Educación Secundaria Manuel García Barros. Ofertará 120 prazas, contará con cociña propia e un xardín privado de 15.000 metros cadrados.
 

Imaxes relacionadas