A Xunta reparará os danos ocasionados polos últimos temporais na rampa do porto oleirense de Santa Cruz

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2022

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, procederá á reparación dos danos ocasionados polos últimos temporais no porto de Santa Cruz, no municipio coruñés de Oleiros. O organismo portuario vén de iniciar as xestións para a execución desta reparación, unha vez detectados ditos estragos nunha inspección regular dos seus técnicos.

Os traballos de reparación tramitaranse como unha necesidade urxente que evite a progresión do deterioro ocasionado pola acción do mar e que ten a súa orixe nas últimas borrascas que afectaron a costa coruñesa. En concreto, repararanse os danos rexistrados no muro de contención así como no pavimento portuario.
 

Imaxes relacionadas