A Xunta investiu máis de 107.000€ na mellora das infraestruturas turísticas dos concellos de Abegondo, Curtis, Miño e Vilasantar

A Xunta ten aberta as axudas para o 2022 para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas coas que o Goberno galego avoga pola consolidación do turismo nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística

Estes apoios forman parte do Plan Camiña, que inclúe medidas de apoio ás empresas do sector turístico galego, ás entidades locais e ao turismo familiar, ás universidades e ás entidades sen ánimo de lucro

Vilasantar (A Coruña), 18 de febreiro de 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Vilasantar, Fernando Pérez, supervisaron, esta mañá, as obras de recuperación e creación da ruta dos muíños do río das Gándaras, que contou cunha axuda da Xunta de máis de 30.000 euros e un investimento total de máis de 36.000 euros e que se levou a cabo en colaboración co Concello.

Na súa visita o representante do Goberno autonómico recalcou que esta obra foi posible grazas á orde de apoios dirixida aos concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas que repartiu máis de 107.000 euros o ano pasado para apoiar actuacións nos concellos de Abegondo, Curtis, Miño e Vilasantar.

Trenor animou a todos os alcaldes da comarca a solicitar as axudas xa que xa está aberta a nova convocatoria de axudas a concellos da ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora de infraestruturas turísticas, que forman parte do Plan Camiña da Xunta. O Goberno galego aposta con estas subvencións polo fomento da recuperación, da accesibilidade e da sinalización dos recursos turísticos destes municipios co obxectivo de consolidar a oferta turística destas zonas a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística.

A Xunta destinará a esta convocatoria un orzamento de 1 millóns de euros para levar a cabo as actuacións de embelecemento e posta en valor dos recursos turísticos cun importe máximo por solicitude de 30.000 euros.

Entre as actuacións subvencionables inclúense actuacións de embelecemento dos accesos aos recursos turísticos con proxectos relacionados coa recuperación e o tratamento paisaxístico da contorna dos recursos turísticos; a súa iluminación ornamental; a recuperación e creación de miradoiros paisaxísticos, sendeiros ou roteiros, así como a adecuación de espazos destinados ao estacionamento de vehículos dos visitantes.

A orde tamén abarca a financiación do embelecemento dos bens declarados de interese cultural (BIC) ou cun procedemento de declaración xa iniciado a través do embelecemento de vías, o ocultamento de contenedores de residuos ou a eliminación de cableado aéreo e antenas de comunicacións. Ademais, serán subvencionables outras iniciativas de posta en valor turístico dos recursos como a súa rehabilitación ou restauración para destinalos a usos turísticos distintos do aloxamento de persoas e a recuperación de elementos de interese etnográfico ou da arquitectura tradicional.

A maiores, a través da convocatoria poderase colaborar cos concellos solicitantes en melloras de accesibilidade aos recursos turísticos eliminando as barreiras arquitectónicas e a súa sinalización.

As solicitudes deberán presentarse ata o 16 de marzo de forma electrónica a través da sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.gal.

Esta orde de axudas forma parte do Plan Camiña, co que o Goberno galego continuará a apoiar a reactivación do turismo galego aproveitando a oportunidade deste Ano Santo Dobre. Xunto con medidas encamiñadas a apoiar ás entidades locais coma esta convocatoria, a Xunta manterá o seu compromiso coas empresas turísticas para que melloren os seus establecementos e incrementen a súa calidade e a formación do seu persoal. O Plan Camiña tamén inclúe medidas coas que fomentar o turismo familiar e destinadas ás universidades galegas e ás entidades sen ánimo de lucro.

 

 

 

 


Orde de axudas 2021 para concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas na comarca da Coruña

CONCELLO

OBXECTO AXUDA

OBXECTO EMBELECEMENTO

INVESTIMENTO

AXUDA

Abegondo

Rede soterrada de baixa tension para dar subministro ao campamento turístico de Beche

 

17.244,76 €

17.244,76 €

Curtis

Melloras da senda ao carón do Río Carregal dende o centro etnográfico

 

30.000,00 €

30.000,00 €

Miño

Rehabilitación dos muíños situados na ruta dos muíños do Rio Medio

Actuación mellora paisaxística e embelecemento contorna parque e monumento Fernán Pérez de Andrade “O Boo”, en Ponte do Porco, camiño inglés

48.499,99 €

30.000,00 €

Vilasantar

Recuperación e creación da ruta dos muiños do Río das Gandaras

 

36.269,15 €

30.000,00 €

TOTAL
   
132.013,90 €
107.244,76€

 


 

Imaxes relacionadas