Política Social participa na xornada centrada nas persoas con Asperger organizada por Autismo Galicia

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, puxo en valor o apoio da Xunta de Galicia ás persoas con discapacidade para mellorar a súa calidade de vida e impulsar a súa autonomía

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2022

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou esta mañá na xornada online organizada pola Federación Autismo Galicia sobre o fomento da participación social das persoas con Asperger.

Fernando González Abeijón puxo en valor, durante a inauguración deste evento telemático co que conmemora o Día Internacional do Asperger, o compromiso e o apoio da Xunta de Galicia ás persoas con discapacidade para mellorar a súa calidade de vida e impulsar a súa autonomía. Este compromiso vese reflectido nos fondos que este ano destina o Goberno a galega a atención á dependencia, 141,7 millóns de euros, un 12,5% máis que o exercicio.

Este ano a Federación de Autismo Galicia pon en marcha unha campaña baixo o cancelo #faiespazo coa finalidade de facer un chamamento á cidadanía para comprender e fomentar a integración na sociedade das persoas con Asperger.