O presidente da Xunta asistiu esta tarde á entrega do IX Premio de Excelencia Empresarial do Club Financiero de Santiago

Feijóo pon en valor a Galicia emprendedora que conta con proxectos en todos os eidos que repercuten no porvir de toda a Comunidade

Santiago de Compostela, 17 febreiro de 2022.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, puxo en valor hoxe a capacidade da Galicia emprendedora que conta con proxectos en todos os eidos -empresariais, culturais, educativos, etc.-, que repercuten no porvir de toda a Comunidade.

Nesta liña, durante a entrega do IX Premio Excelencia Empresarial do Club Financiero de Santiago, referiuse ao centro hospitalario galardoado, HM Rosaleda, como un exemplo máis desta capacidade. “O centro hoxe premiado é máis que un hospital”, recordou, subliñando que na súa traxectoria latexa unha inquedanza profesional, unha idea empresarial e un móbil humanista.

Imaxes relacionadas