O Consello Técnico de Atención Primaria aproba por unanimidade a nova carteira de servizos das matronas

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2022

O Consello Técnico de Atención Primaria mantivo unha xuntanza esta tarde na que, entre outros temas, aprobouse de xeito unánime, a nova carteira de servizos do persoal de enfermería especialista en obstetricia e xinecoloxía (matronas). Trátase dunha decisión valorada positivamente polo colectivo, xa que a consideran importante pola equidade que supón para o sistema sanitario. Esta nova carteira de servizos estará publicada dende mañá na web do Servizo Galego de Saúde. Únese, deste xeito, ás das demais categorías de Atención Primaria que xa se poden consultar na páxina do Sergas.
A xuntanza de hoxe, contou coa presencia do xerente do Sergas, José Flores; o director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, a directora xeral de Recursos Humanos, Ana Comesaña; e a vicexerente do Sergas, Mercedes Castro, entre outros.

Imaxes relacionadas