A Xunta destaca o labor da Oenegué Médicos do Mundo na inclusión sociolaboral das persoas inmigrantes

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2022.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, destacou o labor da oenegué Médicos do Mundo na inclusión sociolaboral das persoas inmigrantes. Esta semana mantivo un encontro de traballo con representantes da entidade para coñecer as súas iniciativas e estudar futuras vías de colaboración.

O Goberno galego destina a esta entidade preto de 293.000 euros tanto a través da orde de axudas a entidades como a través da orde con cargo ao 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF). Estas achegas permiten a esta organización sen ánimo de lucro poñer en marcha centros de atención e programas para apoiar a inserción sociolaboral, programas básicos de acollemento, adquisición de equipamento informático e asesoramento técnico especializado

 

Imaxes relacionadas