Política Social participa no encontro de confraternidade da Fundación Tutelar Sálvora

Mos (Pontevedra), 10 de febreiro de 2022

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou esta mañá no almorzo de confraternidade da Fundación Tutelar Sálvora, que se celebrou no Pazo de Mos. Durante o encontro agradeceu o traballo que realizan os profesionais desta entidade para garantir o apoio que precisan as persoas con discapacidade.

A Fundación informa, asesora e aconsella ás familias e responsables de persoas con discapacidade para que estes poidan acadar as mellores condicións de desenvolvemento, benestar e garantías de futuro. Neste almorzo tamén participaron algunhas usuarias do centro Esclazas de la Virgen Dolorosa de Mos.

O Goberno galego colabora con esta entidade a través dun convenio de colaboración de 120.000 euros, mediante o que se axuda ás persoas con discapacidade intelectual tuteladas na xestión de documentación persoal e se realizan actividades de inclusión na contorna e de apoio á vida independente.

Imaxes relacionadas