Arranca no Museo de Belas Artes o ciclo de conferencias promovido pola Xunta no centenario de María Casares

A Coruña, 9 de febreiro de 2021

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe no Museo de Belas Artes da Coruña o ciclo de conferencias María Casares. Do exilio ao escenario, a primeira das accións promovidas pola Xunta de Galicia no marco do centenario da artista.

Coa presenza a través de videoconferencia da filla de Albert Camus, Catherine Camus, o ciclo abriuse esta tarde coa participación da actriz e codirectora do centro cultural francés a Maison Maria Casarès, Johanna Silberstein, e o arquitecto Felipe Peña, encargado de rehabilitar a casa familiar Casares Quiroga na Coruña. En total, ata novembro, programaranse unha ducia de conferencias ao abeiro deste ciclo.