A Xunta lamenta o pasamento de Víctor ‘Cholo’ Sobral ‘alma mater da SD Ponteareas que dedicou toda a súa vida ao fútbol de Galicia’

Santiago, 8 de febreiro de 2022

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, manifestou o seu pésame no día de hoxe pola morte de Víctor ‘Cholo’ Sobral, “un home que dedicou toda a súa vida ao fútbol de Galicia”. Como xogador destacou no Celta, Pontevedra, Arousa, San Martín e Ponteareas e como adestrador deixou a súa pegada en Mondariz, As Neves e tamén Ponteareas. Nos seus últimos anos fundou e dirixiu, xunto aos seus fillos, a Sociedade Deportiva Xuvenil Ponteareas e hai apenas dous anos puxo en marcha a súa escola filial, así como un segundo equipo afeccionado. O mandatario galego enviou unha mensaxe de apoio a todos os equipos cos que estivo relacionado e, especialmente, a súa familia ponteareá.

Imaxes relacionadas