O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, mantivo un encontro con representantes da entidade

Política Social reúnese co Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia para avanzar na reforma da Lei de inclusión social

No encontro tamén se abordaron outros temas de interese como a implantación da nova reforma da Lei de discapacidade

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2022

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, mantivo un encontro de traballo esta mañá con representantes do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) para avanzar na reforma da Lei de Inclusión Social na que está traballando a Xunta de Galicia.

O obxectivo do Goberno galego é reformar a Lei 10/2013 e reordenar o mapa de axudas de inclusión social que ofrece Galicia para axudar ás persoas máis necesitadas. Esta revisión busca adaptarse ao novo contexto xurdido pola posta en marcha do Ingreso Mínimo Vital (IMV).

No encontro, celebrado por videoconferencia, participaron a presidenta do COTSG, Miriam Rodríguez, e outros membros da organización. Outro dos temas a tratar foi a implantación da nova reforma da lei de discapacidade 8/2021 e a súa aplicación por parte dos profesionais de traballo social.

Imaxes relacionadas