Román Rodríguez salienta a contribución da comunidade científica para arroxar certezas e aportar solucións durante a pandemia

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, acompañado polo director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou hoxe na presentación do libro Pandemias. As pandemias que asolaron a humanidade, do catedrático emérito de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Santiago, Juan Gestal, onde salientou a contribución da comunidade científica da que forma parte Gestal para arroxar certezas e aportar solucións durante a pandemia con “serenidade e seguridade”.

O titular de Cultura da Xunta agradeceu o traballo de Juan Gestal que, como indicou, foi un “actor clave na xestión do virus en Galicia” e demostrou que a “Universidade é un dos axentes principais cando a sociedade precisa de respostas eficaces e contundentes ante a crise”. Salientou a nova publicación como unha oportunidade de achegarse á evolución histórica das pandemias cunha “especial combinación” entre ciencia e literatura como unha demostración “da rigorosidade académica e paixón literaria” do autor.

Imaxes relacionadas