O 061 de Galicia asistiu 60 persoas por 45 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 4 de febreiro ata as 23,59 horas do domingo, 6 de febreiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 58 chamadas por accidentes de tráfico

A Estrada (Pontevedra), 7 de febreiro de 2022. Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 60 persoas debido a 45 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 4 de febreiro, ata as 23,59 horas do domingo, 6 de febreiro. O domingo foi o día no que se rexistraron máis sinistros, con 21 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 58 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 45 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 60 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 66% e do 34% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 25% dos atendidos tiña entre 45 e 59 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 22 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

 

Provincia
Accidentes
A Coruña
22
Lugo
4
Ourense
3
Pontevedra
16
Galicia
45


Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 65. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 10 accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 41 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro accidentes.

En 47 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto.