Fabiola García reúnese coa Fundación Alar para coñecer os novos proxectos de inclusión social

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2022

A conselleira de Política Social, Fabiola García, mantivo unha reunión co presidente da Fundación Alar, Fernando González Truque, para coñecer de primeira man os novos proxectos que está a poñer en marcha no eido da inclusión social e da atención a nenos e nenas en situación de vulnerabilidade.

No encontro, celebrado no despacho da conselleira, púxose en valor as diferentes iniciativas que realiza a asociación co apoio da Xunta de Galicia. Entre estas, destaca o Proxecto Mellora, programa centrado na inserción laboral e mediación social dirixido a mulleres en risco de exclusión e a mulleres inmigrantes na provincia de Lugo. A través del, realízanse itininerarios de orientación laboral e asesoramento.

Imaxes relacionadas