Fabiola García sinala que un envellecemento activo incentiva ás persoas maiores a realizar novos proxectos

Ferrol, 4 de febreiro de 2022

A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañada da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá na presentación do libro ‘Escamas de mujer en un mar de silencios’ de Sofía Díaz, usuaria da residencia de maiores pública autonómica de Caranza.

Durante o acto destacou os beneficios dun envellecemento activo, que permite ás persoas maiores realizar novos proxectos e retomar aqueles esquecidos. A conselleira agradeceulle á autora a súa inquietude e ganas de compartir cos demais as súas aventuras e ensinanzas vitais.

Así mesmo, tamén felicitou aos traballadores da residencia de Caranza por incentivar a súa motivación e poñer todo da súa parte para que Sofía Díaz emprendera o proxecto da súa novela durante os meses de confinamento.

 

Imaxes relacionadas