O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, mantivo un encontro coa presidenta da asociación, Eloína Injerto, e coa xunta directiva da entidade

Política Social reúnese con EAPN-Galicia para avanzar na reforma da lei de inclusión social

No encontro tamén se abordaron outros temas de interese como os fondos europeos e os proxectos que a entidade quere desenvolver para mellorar a vida das persoas que se atopan nunha situación de vulnerabilidade

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2022

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, mantivo un encontro de traballo esta mañá coa presidenta da Rede galega contra a pobreza EAPN-Galicia, Eloína Injerto, e parte da xunta directiva da entidade, para avanzar na reforma da Lei de Inclusión Social na que está traballando a Xunta de Galicia.

O obxectivo do Goberno galego é reformar a Lei 10/2013 e reordenar o mapa de axudas de inclusión social que ofrece Galicia para axudar ás persoas máis necesitadas. Esta revisión busca adaptarse ao novo contexto xurdido pola posta en marcha do Ingreso Mínimo Vital (IMV).

Este encontro, que se celebrou no despacho do director xeral, tamén serviu para que o achegar información sobre fondos europeos e os proxectos que EAPN quere desenvolver para mellorar a vida das persoas que se atopan nunha situación de vulnerabilidade.

Pola súa banda, Arturo Parrado subliñou o compromiso da Administración galega con entidades como EAPN-Galicia para continuar colaborando na posta en marcha de iniciativas e medidas que sexa áxiles e útiles para as galegas e galegos.

Imaxes relacionadas