O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, reúnese coa presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes

A Coruña, 4 de febreiro de 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, reuniuse, está mañá, coa presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes. No encontro Trenor puxo en valor a aposta do Goberno galego polo modelo de colaboración público-privado para mellorar a prestación de servizos desde a Administración.

O delegado da Xunta destacou que durante a década en activo que leva esta entidade de mulleres profesionais galegas, potenciou o liderado feminino e converteuse nun auténtico referente na nosa comunidade autónoma e, tamén, fóra das nosas fronteiras.
 

Imaxes relacionadas