A nova xerente de Galicia Calidade visita o náutico de Sanxenxo, que conta co selo de garantía

Ana Méndez visitou as instalacións do club para informar aos seus responsables das liñas de actuación para este ano e coñecer as actuacións previstas pola entidade deportiva, que acollerá en xuño o campionato do mundo de vela Xacobeo 6mR Worlds 2022

Sanxenxo (Pontevedra), 3 de febreiro de 2022

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, visitou hoxe o Real Club Náutico de Sanxenxo para informar aos seus responsables das liñas de actuación de Galicia Calidade de este ano así como para recoller as opinións, suxestións e achegas da entidade, que acollerá no mes de xuño o campionato do mundo de vela Xacobeo 6mR Worlds 2022.

Nauta Sanxenxo, sociedade municipal que xestiona o porto deportivo de Sanxenxo e ASNAUGA, a Asociación de náuticos de Galicia, que está constituída na actualidade por máis de 14 náuticos, contan co selo de garantía da marca.

Galicia Calidade certifica na actualidade máis de 600 produtos e servizos certificados de 150 empresas, que engloban os sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e planta ornamental.

Imaxes relacionadas