A Xunta e a Asociación empresarial As Coiñas avalían as necesidades do polígono industrial

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reuniuse coa directiva desta entidade

O Goberno galego ten aberto o prazo de presentación de solicitudes para as tres liñas de axudas destinadas á mellora dos parques empresariais galegos

Santiago de Compostela, 03 de febreiro de 2022

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro coa directiva da Asociación empresarial As Coiñas para avaliar a situación actual do polígono industrial.

Durante a reunión, abordaron as melloras acometidas desde o convenio asinado en 2017 entre a Xunta e a asociación e que outorgou ás empresas instaladas máis posibilidades de medrar, fomentou a captación de investimento e de novas compañías, así como un incremento da seguridade.

O polígono alberga un total de 21 empresas nas que traballan ao redor de 500 persoas e, nestes momentos, están interesadas na instalación dun sistema de televixilancia.

Tal e como lembrou Conde, a Xunta de Galicia xa ten aberto o prazo de solicitudes para acceder ás tres liñas de axudas destinadas aos parques empresariais galegos. Un total de 8,35 M€ para modernizar as infraestruturas, impulsar novos viveiros industriais ou reforzar a rede de distribución eléctrica. Grazas a estes apoios, a Administración autonómica xa leva impulsado máis de 700 proxectos ao longo das convocatorias anteriores.

Imaxes relacionadas