A nova xerente de Galicia Calidade visita en Moraña as empresas certificadas Celtic Estores e Vertifil

Ana Méndez mantivo encontros cos responsables destas compañías para coñecer as súas inquedanzas e propostas

Moraña (Pontevedra), 2 de febreiro de 2022.- A nova xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, visitou hoxe en Moraña (Pontevedra) dúas das empresas certificadas polo selo de garantía, co fin de explicar as principais liñas de actuación para este ano e para recoller as opinións, suxestións e achegas das compañías.

Así, reuniuse cos responsables de Celtic Estores, empresa industrial pertencente a Bandalux Group, creada no ano 2000 e dedicada á fabricación e á distribución de cortinas e estores para protección solar, e cos responsables de Vertifil, que é unha empresa fabricante de tecidos técnicos para o recubrimento de ventás, pavimentos vinílicos, recubrimento vinílico para parede, tapicería e paneis acústicos. Vertifil foi fundada en 1982 pola familia García García, e conta con catro centros produtivos en Galicia e Cataluña, configurando Grupovertisol.

150 empresas certificadas
 

Galicia Calidade conta na actualidade con máis de 600 produtos e servizos certificados de 150 empresas, que engloban os sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e planta ornamental.
 

Imaxes relacionadas