Fernández-Tapias clausura o obradoiro de memoria para maiores organizado pola FAVEC coa colaboración da Xunta na Asociación Camiño Vello de Coia

A delegada territorial en Vigo remarca a aposta da Administración autonómica por atender ao asociacionismo veciñal, contribuíndo a mellorar a calidade e vida local

Destaca o interese do Goberno galego en impulsar o funcionamento da estrutura veciñal e promover actividades na procura de ámbitos de convivencia colectiva

Vigo, 1 de febreiro de 2022

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, clausurou hoxe na Asociación Camiño Vello de Coia o obradoiro de memoria organizado pola Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao de Vigo (Favec) en colaboración coa Administración galega.
Se trata dunha serie de actividades que a federación viguesa está a desenvolver ao abeiro do convenio de colaboración firmado entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro e as súas federacións.
Neste contexto, a representante autonómico remarcou a aposta do Goberno galego por atender ao asociacionismo veciñal, contribuíndo a mellorar a calidade e vida local. Así, destacou o interese da Xunta en impulsar o funcionamento da estrutura veciñal, polo que supón de estímulo á realización de actividades que redunden “na procura de ámbitos de convivencia colectiva, de harmonización social e de potenciación dos valores e finalidades socioculturais das organizacións veciñais en Galicia”.
Todas as actividades propostas pola Favec, obradoiros de memoria, cursos de informática e cociña, sesións de ioga ou xornadas de conciliación están pensadas e deseñadas para proporcionarlles aos seus asociados a posibilidade de participar e formarse, ao tempo no que contribúen a convivencia e a ocupación do seu tempo libre.

Imaxes relacionadas