A Xunta inicia as obras no exterior da residencia de maiores pública autonómica da Pobra do Caramiñal

Renovarase a fachada do edificio para mellorar a eficiencia enerxética e substituirase a cuberta principal do inmoble

O investimento será de 374.000 euros, e o prazo de execución, de dous meses e medio

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2022

A Xunta iniciou as obras no exterior da residencia de maiores pública autonómica da Pobra do Caramiñal. Estas actuacións afectan principalmente á fachada do edificio e irán encamiñadas á mellora da eficiencia enerxética e ás condicións de confort interior das persoas usuarias do centro. Os traballos foron adxudicados por un investimento de 374.000 euros.

En concreto, proxéctase a colocación dun sistema de illamento térmico exterior e a substitución de todas as carpinterías exteriores e interiores, así como da cuberta principal do edificio, á que se dotará dun sistema de illamento. O prazo de execución de todas estas actuacións será de dous meses e medio.

Nos vindeiros meses tamén se acometerán neste edificio outras obras no interior do inmoble para adaptalo ao novo modelo residencial, así como melloras de acceso ao centro e mecanismos de control solar. Con esta renovación integral o Goberno galego procura unha renovación que permita ofrecer unha maior calidade de vida ás persoas usuarias.