O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, inaugurou a exhibición acompañado de representantes da entidade

O ciclo de exposicións 'Retratos: familia e infancia' inaugura unha nova mostra da man de aldeas infantiles

Os paneis informativos que a conforman recollen e destacan o traballo realizado a diario pola asociación a favor dos menores en risco de desamparo

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2022

A Xunta inaugurou unha nova mostra dentro do ciclo de exposicións Retratos: Familia e Infancia centrada nesta ocasión en Aldeas Infantiles. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou neste acto acompañado da directora da área de Infancia e Familia de Aldeas Infantiles España, María Teresa Molina Martínez, e o director territorial en Galicia, Víctor Manuel Muñoz.

A mostra, situada na Pirámide do edificio administrativo de San Caetano, recolle imaxes do traballo realizado por esta entidade ao longo de toda a comunidade para mellorar a calidade de vida dos menores en risco de desamparo. O Goberno galego destina 3,3, millóns de euros a Aldeas Infantiles para a posta en marcha destes programas, así como para o funcionamento de centros específicos.

O director xeral sinalou que Galicia segue impulsando medidas innovadoras que permitan mellorar a atención á infancia. Como mostra disto, destacou o programa espazos de prevención familiar, aprobado polo Consello da Xunta, e que permitirá anticiparse a posibles casos de desprotección da infancia. Poranse en marcha de xeito piloto nas comarcas do Barbanza e o Salnés e contarán cun orzamento de 1,3 millóns de euros.

Imaxes relacionadas