A Xunta abre mañá o prazo para inscribirse na convocatoria de oposicións docentes deste ano

Os aspirantes teñen ata o 21 de febreiro para apuntarse ás probas, que se celebran a partir do 18 de xuño

Convócanse todas as prazas aprobadas nas ofertas de 2021 e 2022, agás as 144 que dependen da publicación por parte do Ministerio da nova lei de FP

Os exames desenvolveranse segundo o sistema habitual, ofrecendo certezas ás persoas que levan anos preparando estas probas

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2022

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das oposicións de educación para este ano, na que se acumulan as prazas das ofertas públicas de emprego docente de 2021 e 2022. Convócanse todas as prazas, agás as que dependen da publicación por parte do Ministerio da nova lei de Formación Profesional.
O prazo de presentación de solicitudes ábrese mañá, día 1, ata o 21 de febreiro. Presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Así mesmo, deberá procederse ao pagamento da taxa vixente no momento da presentación electrónica da solicitude.
Deste xeito, a partir do 18 de xuño celebraranse as probas para un total de 2.484 prazas.
Delas, 2.174 serán de novo ingreso, coa seguinte distribución:

 

Corpo
Prazas
Número de especialidades
Mestres
950
8
Profesores de ensino secundario
1.171
29
Profesores de escolas oficiais de idiomas
45
4
Profesores de artes plásticas e deseño
8
5

 

No caso da promoción interna, haberá 310 prazas, coa seguinte distribución:

Corpo
Prazas
Número de especialidades
Inspectores de educación
10
1

Acceso do Subgrupo A2 ao Subgrupo A1 Corpo de profesores de ensino secundario

298
26
Corpo de Profesores de Artes Plásticas e Deseño
2
2

 

O resto, ata completar as 2.628 prazas en 61 especialidades aprobadas, convocaranse unha vez o Ministerio de Educación publique a nova lei de Formación Profesional e un desenvolvemento da norma no relativo ao novo corpo que se crea (de profesores especialistas en sectores singulares da FP) e ás especialidades do extinto corpo de profesores técnicos de FP que se integran no corpo de profesores de ensino secundario.

Certezas para os opositores

Os exames destas oposicións seguirán o sistema habitual e non se verán afectados polos cambios plantexados polo Goberno Central no real decreto que está a preparar. En calquera caso, a Xunta convocará no último trimestre de ano un concurso de méritos que dea cumprimento ao cambio que consolide finalmente o Goberno Central, e co que se superarán as 3.000 prazas convocadas en Galicia neste ano.

Deste xeito, o Goberno galego blinda as oposicións de educación deste ano fronte ao cambio de criterio inesperado do Ministerio, ofrecendo certezas e seguridade aos opositores, cunha convocatoria que se axusta aos parámetros para os que xa están estudando.

Imaxes relacionadas