O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou no Encontro Alzhéimer Hoxe

Política Social pon en valor os avances de Galicia na atención ás persoas con alzhéimer

Con estes fondos poñen marcha programas para o asesoramento xurídico en materia de estranxeiría, para a inclusión sociolaboral, a conciliación ou a formación, entre outros

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2022

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, puxo en valor hoxe os avances acadados en Galicia na atención a persoas con alzhéimer ou outras demencias. Fíxoo no Encontro Alzheimer Hoxe organizado por Fagal na Cidade da Cultura.

Fernando González Abeijón participou na inauguración deste encontro, que contou cunha mesa redonda con expertos e profesionais da área que falaron da atención integral e especializada en demencias.

Pola súa banda, o director xeral garantiu que o Goberno galego seguirá apoiando ás persoas que padecen este tipo de doenzas e aos seus familiares para que poidan ter un maior benestar e calidade de vida. Neste sentido, puxo en valor o traballo que desde hai anos realiza a Federación Alzhéimer Galicia para a mellora na atención neste eido.
 

Imaxes relacionadas