O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, mantivo unha reunión con representantes da entidade para coñecer a súas propostas

Política Social achega máis de 300.000 euros á ONG Sen Valos para a atención á poboación inmigrante

Con estes fondos a organización sen ánimo de lucro pon en marcha programas para o asesoramento xurídico en materia de estranxeiría, para a inclusión sociolaboral, a conciliación ou a formación, entre outros

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2022

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, destacou hoxe que a Consellería de Política Social achega máis de 300.000 euros á ONG Sen Valos para a atención de poboación inmigrante e solicitantes de refuxio. Esta mañá mantivo unha reunión con representantes da entidade para coñecer as súas necesidades e analizar novas propostas.

Con estes fondos, a Xunta de Galicia financia varias iniciativas postas en marcha desde a asociación para facilitar a integración da poboación inmigrante. Así, desenvolven proxectos para a inclusión sociolaboral e a transición ao emprego; para a mediación social e intercultural; para a formación; o asesoramento xurídico ou para o apoio na conciliación dos seus fillos.

Máis de 500 persoas atendidas

A ONG Sen Valos é unha asociación emprazada na Coruña e creada en 2020 coa finalidade de axudar na inclusión social das persoas inmigrantes, refuxiados e solicitantes de protección internacional. Desde a súa creación xa atendeu a máis de 500 persoas para a súa efectiva integración.

Imaxes relacionadas