A xerente de Galicia Calidade reúnese con empresas ourensás que contan coa marca de garantía para coñecer as súas achegas e inquedanzas

Ana Méndez, que asumiu o cargo recentemente, mantivo un encontro con responsables dos establacementos hosteleiros Restaurante A Taberna, Restaurante El Coto, Bar Tamarindo e Restaurante A Carballeira

Tamén tivo oportunidade de coñecer de primeira man a forma de elaboración dos xeados de La Central Heladera, certificados polo selo
 

Ourense, 21 de xaneiro de 2022

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, comezou hoxe a rolda de visitas e reunións con empresas certificadas polo selo de garantía. Tras o seu recente nomeamento, Ana Méndez visitou esta mañá a empresa de xeados La Central Heladera, onde coñeceu de primeira man a forma de elaboración e as instalacións da empresa ourensá. Así mesmo, tamén mantivo unha reunión con representantes dos establecementos hosteleiros Restaurante El Coto, Restaurante A Carballeira, Bar Tamarindo e Restaurante A Taberna, que contan co selo de garantía.

A xerente de Galicia Calidade aproveitou as xuntanzas para explicar as liñas de actuación de Galicia Calidade para este ano e para recoller as opinións, suxestións e achegas das compañías. A estas xuntanzas súmase a que mantivo a semana pasada nas oficinas da sociedade pública coa adega Terras de Asorei. Nos vindeiros días continuará coa rolda de reunións e visitas para coñecer a opinión do maior número de empresas que contan con produtos e servizos amparados.

150 empresas certificadas

Galicia Calidade conta na actualidade con máis de 600 produtos e servizos certificados de 150 empresas, que engloban os sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico, e planta ornamental.
 

Imaxes relacionadas