Fernández-Tapias participa na presentación de 'Mulleres do Camiño Portugués', a proposta do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño en Fitur

Vigo, 20 de xaneiro de 2021

A delegada territorial da Xunta de Galicia, Marta Fernández-Tapias, participou esta mañá na presentación de “Mulleres do Camiño Portugués”, a proposta do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño na Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur).
A iniciativa foi presentada no stand de Galicia por varias mulleres vinculadas ao sector do turismo e versou sobre a súa experiencia e a importancia que ten para os concellos do territorio o Camiño de Santiago.

Imaxes relacionadas