A conselleira de Política Social visitou o obradoiro aberto pola gañadora do programa Xuventude Crea 2020 na categoría de Deseño de xoias, Sofía Rivas

Fabiola García sinala que a Xunta axuda aos novos artistas a dar o primeiro paso cara o lanzamento dos seus propios proxectos

Destaca que esta iniciativa permite darlle un empurrón económico e anímico á mocidade para converter os seus soños en realidade

A Xunta impulsou unha exposición itinerante onde se recollen as creacións dalgún dos 4000 participantes ao longo das 12 edicións do programa

Ribeira (A Coruña), 18 de xaneiro de 2022

A conselleira de Política Social, Fabiola García, sinalou que a Xunta axuda aos novos artistas a dar o primeiro paso cara o lanzamento dos seus propios proxectos. Esta mañá visitou o obradoiro aberto pola gañadora do programa Xuventude Crea 2020 na categoría Deseño de xoias, Sofía Rivas, en Ribeira.

A conselleira sinalou que é un orgullo ver como os proxectos da xuventude galega saen adiante e como os seus soños se converten en materia tanxible. Neste sentido, apuntou que o Xuventude Crea permite darlle un empurrón tanto económico como anímico para dar a coñecer a súa creatividade e darlle a visibilidade necesaria.

O pasado mes de maio, a Xunta puxo en marcha unha exposición itinerante onde se recollen as creacións que realizaron algúns dos 4000 participantes ao longo das 12 edicións do programa. No ámbito musical tamén se impulsa as creacións da mocidade a través do Atardecer no Gaiás. Así mesmo, tamén se está avanzando na creación dun museo dixital no que dar difusión ás obras destes artistas e abrirlle portas a museos, teatros ou editoriais.

Imaxes relacionadas