A Xunta amosa a un grupo profesionais sanitarios a rehabilitación do edificio para transformalo na Cidade da Xustiza

O vicepresidente primeiro destacou que a maior obra xudicial na historia da comunidade permitirá oferecer unha nova vida a un edifício emblemático da cidadania que durante anos prestou un servizo fundamental para a cidadania e agora será a gran sede xudicial que precisa Vigo e a súa área

Lembrou que o novo inmoble contribuirá á dinamización económica da zona e a súa contorna despois do baleiro que deixou o traslado da actividade do hospital

A Xunta investiu máis de 42M€ na obra que xa está executada em máis do 98% e acollerá 38 órganos xudiciais e máis de 500 traballadores
 

Vigo, 17 de xaneiro de 2022

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acompañaron hoxe a un grupo de profesionais sanitarios na súa visita á Cidade Xustiza para amosarlles a nova vida que adquirirá en breve este edificio emblemático da cidade no que desenvolveron a súa vida profesional.

Alfonso Rueda explicou que o inmoble adquire unha nova vida para unha función diferente pero un servizo público que tamén ten gran importancia para a cidadanía. Así, do antigo Hospital Xeral, que desde 1955 a 2015 foi un símbolo da sanidade en Galicia, pasará a acoller a obra xudicial máis importante da comunidade na que se concentrará a actividade do partido xudicial.

A visita asistiron o xerente de área, a directora de Atención Hospitalaria da área e os actuais xefes de servizo de Neurocirxgía, Neumoloxía, Radiodiagnóstico, Ciruxía Vascular e Ciruxía Torácica, Hematoloxía, Dixestivo, Anatomía Patolóxica, Ciruxía Pediátrica, Neuroloxía e Reumatoloxía además dos coordinadores de Admisión e Gestión, supervisoras de enfermería, a directora asistencial e a directora de Enfermería.

Debido á historia do inmoble, indicou que a rehabilitación do antigo Hospital Xeral supón unha homenaxe aos profesionais da sanidade pola súa dedicación ao coidado dos vigueses durante tantos anos. Ademais, engadiu que a Cidade da Xustiza devolverá ao centro da cidade unha nova vida despois do baleiro que quedara co traslado da actividade do Xeral ao novo hospital Álvaro Cunqueiro, contribuíndo así á dinamización económica da zona e da súa contorna.

A Xunta xa ensinou tamén o resultado das obras aos colectivos xudiciais que se trasladarán á nova sede xudicial que precisa Vigo e a súa comarca, onde se concentrarán 38 unidades xudiciais con máis de 500 traballadores, que terán á súa disposición unha escola infantil de 41 prazas para facilitarlles a conciliación laboral e familiar.

Nos máis de 44.000 metros cadrados da Cidade da Xustiza tamén se habilitaron espazos para a Fiscalía de Área, as 2 seccións da Audiencia Provincial e a subdirección do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga). A obra supera o 98% de execución e a Xunta prevé solicitar a licenza de primeira ocupación da Cidade da Xustiza ao concello este mes. Trátase dunha infraestrutura moderna, funcional e segura que contou cun investimento do Goberno galego de 42 millóns de euros no marco do Plan de Infraestruturas Xudiciais, dotado con máis de 125 millóns de euros.

 

Imaxes relacionadas