O 061 de Galicia asistiu 51 persoas por 39 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 14 de xaneiro ata as 23,59 horas do domingo, 16 de xaneiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 52 chamadas por accidentes de tráfico

A Estrada (Pontevedra), 17 de xaneiro de 2022

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 51 persoas debido a 39 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 14 de xaneiro, ata as 23,59 horas do domingo, 16 de xaneiro. O sábado foi o día no que se rexistraron máis sinistros, con 14 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 52 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 39 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 51 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 68% e do 32% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 32% dos atendidos tiña entre 40 e 54 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 18 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

 

Provincia
Accidentes
A Coruña
18
Lugo

2

Ourense
4
Pontevedra
15
Galicia
39

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 47. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en nove accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 35 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en dous accidentes.

En 49 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en dúas ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.
 

Imaxes relacionadas