A Xunta remata as obras de mellora integral da estrada LU-106, en Lugo, cun investimento de 250.000 euros

O delegado territorial, Javier Arias, comprobou o estado actual da vía, que une as parroquias de San Pedro de Romeán e Santa María de Bascuas coa LU-530

Lugo, 12 de xaneiro de 2022

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de reforzo do firme en toda a lonxitude da estrada LU-106, ás que destinou 250.300 euros. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe o resultado dos traballos.

A Consellería actuou nos 4,6 quilómetros da estrada, que discorre integramente polo municipio de Lugo unindo as parroquias de San Pedro de Romeán e Santa María de Bascuas e conectándoas coa LU-530 (Lugo- A Fonsagrada). Os traballos consistiron no reforzo do firme cunha capa de rodaxe de mestura bituminosa en quente e outras actuacións de mellora da seguridade viaria, como o repintado da sinalización horizontal e a limpeza de gabias.

As obras acometéronse con cargo ao contrato de conservación, que permite á Xunta desenvolver unha programación continua de melloras nas estradas autonómicas. Ao respecto, Arias lembrou que vén de adxudicarse o contrato para os vindeiros catro anos, que garante tanto o mantemento ordinario como as tarefas de vialidade invernal. O contrato Lugo norte recaeu na UTE OVISA- Construcciones Isidro Otero, por 15,6 millóns de euros, e o de Lugo sur, no Grupo Bascuas 2008, por 16,6 millóns de euros.

Imaxes relacionadas