O presidente do Goberno galego reuniuse hoxe con Juan Carlos González Carbajales, que exerce de rexedor accidental a causa da baixa médica do actual alcalde

Feijóo avanza que o concello de Pontedeva terá prioridade na próxima convocatoria de casas niño

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2022

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladoulle hoxe ao alcalde accidental de Pontedeva, Juan Carlos González Carbajales, que o concello terá prioridade na próxima convocatoria de casas niño, ao ser un dos poucos municipios que non conta con ningún recurso de conciliación.

Ademais, Feijóo informou a González Carbajales de que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda está a estudar a posibilidade de construír 3 inmobles no concello no marco dun novo proxecto piloto para a execución de vivendas de promoción pública en madeira.

Na xuntanza, o titular do Goberno galego e o rexedor ourensán tamén avaliaron o proxecto para executar un edificio multidisciplinar, que se cofinanciará entre Xunta e Concello.
 

Imaxes relacionadas

Departamento:
A Presidencia da Xunta