O 061 de Galicia asistiu 49 persoas por 37 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 7 de xaneiro ata as 23,59 horas do domingo, 9 de xaneiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 48 chamadas por accidentes de tráfico

A Estrada (Pontevedra), 10 de xaneiro de 2022. Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 49 persoas debido a 37 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 7 de xaneiro, ata as 23,59 horas do domingo, 9 de xaneiro. O domingo foi o día no que se rexistraron máis sinistros, con 20 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 37 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 48 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 49 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 50% e do 50% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 40% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 19 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes
A Coruña
19
Lugo
4
Ourense
4
Pontevedra
10
Galicia
37
 

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 43. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en tres accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 36 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro accidentes.

En 38 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.