Fernández-Tapias agradece a contribución das entidades sociais á construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria

Vigo, 3 de xaneiro de 2021

A delegada territorial da Xunta de Galicia, Marta Fernández-Tapias, agradeceu hoxe a contribución das entidades sociais á construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria. Así o fixo con ocasión da doazón a Caritas Diocesana Tui-Vigo, á Asociación de Amigos de Venezuela en Vigo e á Asociación Cristo da Victoria de Coia dos agasallos recollidos no marco da campaña "Tu Empresa, una Sonrisa de Navidad".
Esta iniciativa, impulsada por Mundinova e Qualitynova en colaboración coa ONG Asdegal e a Consellería de Política Social, promove entre as empresas da comarca de Vigo e os seus empregados unha recollida de xoguetes novos para repartir entre as familias viguesas con menos recursos.
“Son os vosos xestos os que demostran que as administracións deben apoiarse nas entidades sociais, por eso desde a Xunta de Galicia seguiremos apoiándoos cada ano con maiores recursos”, sinalou a representante autonómica.

Imaxes relacionadas