Fernández-Tapias destaca a gran labor da campaña solidaria “Cada neno un xoguete” impulsada pola asociación Stop Vigo

Vigo, 30 de decembro de 2021

A delegada territorial da Xunta de Galicia, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe a nave de recollida e reparto da campaña solidaria “Cada neno un xoguete” impulsada desde Vigo pola Asociación Stop.
Xunto co seu director, Carlos Leiro, a representante autonómica fixo un percorrido polas instalacións e destacou a “gran labor” desta iniciativa social. Segundo informou, este ano prevén recoller e entregar uns 14.000 xoguetes, duplicando as cifras da campaña anterior, que serán repartidos entre diferentes asociacións de toda Galicia a través do programa “Xoguetes Viaxeiros”.
 

Imaxes relacionadas