Trenor felicita ao Nadal aos participantes no campamento de Cáritas na Coruña

A Coruña, 27 de decembro de 2021.- O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá a parroquia de San Luis Gonzaga na que se están a celebrar as actividades que todos os anos organiza Cáritas Coruña para os máis pequenos. O campamento urbano “Diver Nadal” está dirixido a nenos de entre 6 e 12 anos e celébrase desde o pasado 26 de xaneiro e ata o 5 de xaneiro.

O representante do Goberno autonómico transmitiulles aos participantes os seus mellores desexos nesta época de Nadal e entregoulles un agasallo con motivo da celebración do Ano Santo Xacobeo 21-22.
 

Imaxes relacionadas